“Non hai fallo”, o novo disco de Abóbriga

O novo disco do grupo Abóbriga, que leva por título Non hai fallo, xa está a venda dende finais do mes de outubro deste 2019. O disco, gravado en ChisPún! Estudios conta con 16 temas dos cales 11 son cantados, ademáis de un amplo repertorio de composicións propias do grupo.

Deixamos a continuación unha pequena entrevista que lle fixemos ao grupo Abóbriga sobre o seu novo traballo discográfico:

– Porque “Non hai fallo”?

O nome do disco decidímolo no pasamento do noso gran amigo Sio, do Furancho da Balsa. Sempre nos dicía a mesma frase: que rapaces, non hai fallo! E de aí saíu o nome do noso disco e tamén da peza que leva o mesmo nome.

Seguir lendo ““Non hai fallo”, o novo disco de Abóbriga”

Pablo F. Rial e Rafa Crespo

Novas publicacións! Outras dúas saen do forno… Ton e Son Editorial apostando polas nosas músicas.

A partir de hoxe xa podedes encargar as novidades deste ano a través da páxina web de Ton e Son Editorial da colección “20 pezas para gaita galega”: www.toneson.com

Seguir lendo “Pablo F. Rial e Rafa Crespo”

Manual ególatra básico – Cristian Silva

Cristian Silva, músico sobradamente coñecido no múndo da música tradicional, presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega (+1), compostas e gravadas polo propio gaiteiro carrilense. Ton e Son Editorial dalle forma a esta publicación en formato libro/CD, tercceira da colección. Están incluídas as transcricións das pezas para dúo, tío de gaitas e solista. Moitas delas inclúen os cifrados para ser acompañadas con outro tipo de instrumentación.

Seguir lendo “Manual ególatra básico – Cristian Silva”

A. C. Os Abrentes de Cerdedo

Os Abrentes de Cerdedo.pngDespois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación para deixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados neste ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intenta amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.

Seguir lendo “A. C. Os Abrentes de Cerdedo”

Missa Brevis – Jacob de Haan

Missa Brevis de Jacob de Haan – Kyrie (1º Movemento)

Interpretada na Igrexa Ex-Colexiata Santa Maria de Baiona, o pasado día 14 de maio de 2017, pola Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar, Coro Miñoca ma non toppo, e a Banda de música e coral polifónica Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia.

Concerto enteiro: minocamanontoppo.com

Banda de Música “Lira” de San Miguel de Oia
Director: Juan Carlos Díaz Álvarez
Coral Polifónica “Lira” de San Miguel de Oia
Director: Jorge Fernández González
Coro Miñoca ma non toppo
Director: Ángel A. Montes Abalde
Coral Polifónica de San Lorenzo de Belesar
Director: Javier Domínguez Millán

Nova web e un recordo…

Boas, no día de hoxe estreamos a nosa nova páxina web. É por iso que neste día tan especial queremos recordar un video no que participamos fai xa 4 anos: Carta dun morriño.

“Carta dun Morriño”, no que ChisPún! Estudio colaborou coa súa banda sonora orixinal. Publicado o 16 de outubro de 2012 e con máis de 3000 visitas nun día. Idea orixinal de Miguel Álvarez Aguiar. Directores Carlos Cortés e Miguel Álvarez. Operador de cámara Carlos Cortés. Produción e Making Off Carolina Muñoz. Escrito por Bárbara Muñoz. Protagonista Miguel Álvarez.

Amanda Pons (son)
Fernando González “Gonzo” (voz en off)
Roberto Del Río (música/compositor)
ChisPún! Estudio

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: