“Non hai fallo”, o novo disco de Abóbriga

O novo disco do grupo Abóbriga, que leva por título Non hai fallo, xa está a venda dende finais do mes de outubro deste 2019. O disco, gravado en ChisPún! Estudios conta con 16 temas dos cales 11 son cantados, ademáis de un amplo repertorio de composicións propias do grupo.

Deixamos a continuación unha pequena entrevista que lle fixemos ao grupo Abóbriga sobre o seu novo traballo discográfico:

– Porque “Non hai fallo”?

O nome do disco decidímolo no pasamento do noso gran amigo Sio, do Furancho da Balsa. Sempre nos dicía a mesma frase: que rapaces, non hai fallo! E de aí saíu o nome do noso disco e tamén da peza que leva o mesmo nome.

Seguir lendo ““Non hai fallo”, o novo disco de Abóbriga”

Ácido Folclórico en Lume na Palleira

O domingo día 11 de decembro no programa “Lume na palleira” de Radio Galega Música presentarase o libro/CD “Ácido Folclórico (20 pezas para gaita galega)” de Xurxo Jachía, editado por Ton e Son Editorial. Ademáis, realizarase un sorteo de 3 exemplares do mesmo.

Estreno de “Cisma”

O próximo Venres 11 de Febreiro ás 20:00 na Av. La Marina Española, s/n -ETEA- 36207 (Vigo) estrearase a curtametraxe “Cisma”. En “ChisPún! Estudio” fíxose a gravación da bánda sonora.

“Cisma”, unha curtametraxe de Germán Pérez, idea orixinal de Sergio Rodríguez. Con Nani Matos, dirección de producción de Jacobo M. Casal, dirección de fotografía de José Rodríguez, son de Pablo Viñas, producido por XA! Xprsion Audiovisual e dirixido por Germán Pérez. Coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Vigo e a Escola de Imaxen e Son de Vigo.

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: