NOVAS

O Apalpador chega a Vigo!

19 de dec. de 2017

OA

audio video

Video promocional da chegada do Apalpador á vila de Vigo. Promoven: Promoven: Barafunda Animación, Libraría Andel, ACF O Fiadeiro, A. C. O Castro, AVC Casco Vello, Libraría Cartabón, A Mesa pola Normalización Lingüística, Projeto Educativo Semente Vigo e A Revolta Centro Social.

Seguir lendo →


Manual ególatra básico – Cristian Silva

19 de dec. de 2017

CS

audio video

Cristian Silva, músico sobradamente coñecido no múndo da música tradicional, presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega (+1), compostas e gravadas polo propio gaiteiro carrilense. Ton e Son Editorial dalle forma a esta publicación en formato libro/CD, tercceira da colección. Están incluídas as transcricións das pezas para dúo, tío de gaitas e solista. Moitas delas inclúen os cifrados para ser acompañadas con outro tipo de instrumentación.

Seguir lendo →


A. C. Os Abrentes de Cerdedo

27 de nov. de 2017

OsAbrentes

audio

Despois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación para deixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados neste ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intenta amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.

Seguir lendo →


Missa Brevis – Jacob de Haan

29 de set. de 2017

Missa Brevis

audio video
Interpretada na Igrexa Ex-Colexiata Santa Maria de Baiona, o pasado día 14 de maio de 2017, pola Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar, Coro Miñoca ma non toppo, e a Banda de música e coral polifónica Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia.

Seguir lendo →


Korporis GYM – Inauguración

17 de set. de 2017

Korporis video
O pasado sábado 16 de setembro estivemos en Boiro na inauguración de Korporis GYM, un novo ximnasio na zona do Barbanza. Nel atopamos a un dos donos, Kike García, subcampeón de España de Fitness e Fisicoculturismo.

Compartimos con todos vós un video que fixemos ese día.

Seguir lendo →


O Marisquiño’17

15 de set. de 2017

OMarisquino video
 

Seguir lendo →


O vivir en Vigo – Pelepau

9 de xul. de 2017

PeP audio video
 

Seguir lendo →


Aires de Pontevedra – Oscar Ibáñez

18 de mar. de 2017

OIAP

audio

Novo CD: “AIRES DE PONTEVEDRA. HOMENAXE A RICARDO PORTELA 25 ANIVERSARIO PASAMENTO” de Oscar Ibáñez, gaita orixinal de Ricardo Portela, coa colaboración á percusión de Xosé V. Ferreirós (Milladoiro), Chuco Estévez Gonzalez (E-Trad), Gonzalo Caride (artesán-músico), Wenceslao Cabezas “Polo” (Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo), Antón López “Toniño” (Treixadura), Manuel Solla (Os Cruceiros), Xosé Carlos V. Bouza e Jesús Corral Fernández (Xarabal), Miguel Souto (O Fiadeiro), Alberto Costas (PelePau), Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez (Noitarega). Gravado, mesturado e masterizado en ChisPún! Estudio (Vigo) por Rubén Troitiño, edita e distribúe Inquedanzas Sonoras baixo licenza de Oscar Ibáñez.

Seguir lendo →


Festexando o Nadal

22 de dec. de 2016

FoN audio video
Dende ChisPún! Estudio queremos desexarvos unhas felices festas e un bo ano 2017. Deixamos un novo videoclip tema “Festexando o Nadal” de Raúl Ben e Rubén Troitiño.

Seguir lendo →


RK Signature

10 de xuñ. de 2016

RKSG

audio video
O pasado mércores 8 de xuño pasáronse por ChisPún! Estudio Miguel Rivas e Kinhos Saburido para presentar unha nova caixa feita por segmentos en madeira de nogueira coas dimensións de 14″x6″. Aquí vos deixamos o video promocional onde poderedes ver e escoitar este instrumento.

Seguir lendo →


Heiche de contar un conto

10 de xuñ. de 2016

ALP audio video
Moi boas! Despois da gravación en audio do grupo As Lingoreteiras do Colexio Possumus en Vigo, hoxe queremos presentar un video que fixeron en base á canción gravada. Moita música tradicional galega! Participaron nestra gravación: Zaira R. Moreira, Julia Nogueira, Iria Gorrita, Paula Bosch, Eva Collazo, Sofia Silva, Eva L. Pereira, Marina Collarte, Loli Gómez e Lorenzo Pérez.

Seguir lendo →


III Premios Martin Códax da Música

7 de abr. de 2016

MCM pmcm_logo_fb_03.png
Dende ChisPún! Estudio queremos dar a noraboa a tódolos finalistas dos “III Premios Martín Códax da Música”, pero en especial a O Fiadeiro por acadar esta nominación no apartado de música tradicional xunto con Davide Salvado e Xabier Díaz. Todo un pracer traballar nas vosas útlimas publicacións: “De oficios e labores” e “A viaxe de José do Campo”. Por moitos anos de música!

Seguir lendo →


Lembranzas Galegas

13 de xan. de 2016

LGG

audio

Hoxe foi un dia deses no que un grupo de amigos se xuntan para gravar, un día deses onde se pon todo o cariño no que se fai. Aquí os están, homenaxeando a Emilio Sotelino, Lembranzas Galegas.

Seguir lendo →


Desexo inesperado – Xulio Lorenzo

25 de dec. de 2015

XL

audio

Como agasallo aquí vos deixamos un novo tema: “Desexo Inesperado” – Xulio Lorenzo Esta peza foi gravada para o documental “Galicia Inédita” que verá a luz nos próximos meses. Ademáis, dito documental será presentado en FITUR – Feira Internacional de Turismo no 2016.

Seguir lendo →


Tradicionalmente – Carlos Estévez

29 de xuñ. de 2015

CET

audio video

Carlos Estévez presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega, compostas e gravadas polo propio gaiteiro vigués. Ton e Son Editorial e ChisPún! Estudio produciron esta nova publicación en formato libro/CD, incluíndo transcricións das pezas para dúo de gaitas e solista. No CD podemos atopar unha selección de 12 temas, dos 20 que presenta o libro, gravados íntegramente por Carlos Estévez.

Seguir lendo →


A viaxe de José do Campo

22 de mar. de 2015

JdC audio
Conto orixinal en formato libro/CD, que narra a fabulosa viaxe do noso querido protagonista José, un rapaz do Courel que, motivado polo seu afán de coñecer novas músicas, decide improvisar a súa propia viaxe. O disco inclúe 15 pistas de audio interpretadas polo grupo de música de O Fiadeiro así como a narración do propio conto, na última pista do CD. Para os docentes, mestres… inclúense as partituras dos temas, letras das cantigas e diversas actividades para poder traballalos e disfrutalos no aula.

Seguir lendo →


Karaoke Popular – Ton e Son Editorial

28 de nov. de 2013

KP

audio video

Nova recompilación de temas en formato Dvd. Un novo modelo de compartir música popular que, de seguro, vos proporcionará divertidos e agradables momentos para cantar, escoitar e bailar entre amigos e familia. O funcionamento é moi simple, xa que só terás que introducir o disco no teu reprodutor Dvd e poñerte a cantar, sen necesidade de micrófonos, nin reprodutores especiais. O karaoke non só é unha ferramenta de traballo ou un recurso didáctico. Tamén é un xogo que se adapta perfectamente ás nosas vidas. Unha forma divertida de aprender e compartir música sen ter en conta a nosa idade.

Seguir lendo →


Chíngala – Abóbriga

19 de out. de 2013

AMG audio video
Videoclip do grupo de música tradicional Abóbriga de Baiona, con máis de mil visitas no primeiro día de estreno na canle oficial de Youtube do grupo.
ChisPún! Estudio: gravación, mestura e masterización.
Dirixido e realizado por David Ramos para Animaxes AV.

Seguir lendo →


De oficios e labores Vol.1

28 de mai. de 2013

DOEL

audio

“Mestura de tradición e actualidade…” Con este traballo preténdese dar información sobre o espectáculo musical e de baile levado a cabo pola A.C.F. O Fiadeiro, na súa VII Gala, titulada “De Oficios e Labores”. A publicación “De oficios e labores”, plantexada en dous volumes, trata de ser unha edición exclusiva, apta para todo tipo de públicos, en especial para os amantes da música tradicional. Neste primeiro volume, preséntase un pequeno libro de 28 páxinas, no que se referencian e se ilustran, de forma moi didáctica, diversos oficios e labores coa súa correspondente gravación, a cargo do grupo de música de O Fiadeiro, no seu espectáculo homónimo. Labor de nai, oficio de mineiro, oficio de pedreiro e oficio de músico son os mencionados neste primeiro volume.

Seguir lendo →


XOC!

12 de out. de 2015

XOC audio video
Aquí vos deixamos un avance do tema que gravaron os de XOC (A. C. Xacarandaina, A. C. F. O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos). Dende ChisPún! Estudio queremos dar as grazas por poder participar na gravación do tema en conxunto destas tres asociacións que levan a paixón pola recuperación e divulgación da nosa música tradicional a tódolos rincóns do planeta. Sen máis que engadir, por moitos anos de máis proxectos conxuntos.

Seguir lendo →


Magdalena Argibay

21 de xuñ. de 2013

MA audio
O pasado xoves 20 de xuño desprazámonos ata o Conservatorio Superior de Música de Vigo para gravar á pianista e compositora Magdalena Argibay xunto coa soprano Teresa Novoa. A pontevedresa Magdalena Argibay, estudante de composición e piano no mesmo centro, musicalizou varios poemas de autores coñecidos coma Curros Enriquez ou Antonio Machado.

Seguir lendo →


Video promocional da Insogaita

11 de set. de 2012

IG audio video
Queremos anunciar que empezamos coa gravación do video promocional da “Insogaita”, saco especial para a insonorización de gaita galega. Dentro de moi pouco xa o teremos a vosa disposición na nosa canle de youtube, xa vos informaremos de tódalas novas!

Seguir lendo →


Carta dun morriño

10 de out. de 2012

CDM audio video
“Carta dun Morriño”, no que ChisPún! Estudio colaborou coa súa banda sonora orixinal. Publicado o 16 de outubro de 2012 e con máis de 3000 visitas nun día. Idea orixinal de Miguel Álvarez Aguiar. Directores Carlos Cortés e Miguel Álvarez. Operador de cámara Carlos Cortés. Produción e Making Off Carolina Muñoz. Escrito por Bárbara Muñoz. Protagonista Miguel Álvarez.

Seguir lendo →


Coro “Miñoca ma non toppo”

3 de xuñ. de 2012

MMNT

audio

Xa podes escoitar o concerto do coro “Miñoca ma non toppo” do pasado 23 de Maio que deron na igrexa de San Antonio da Florida (Vigo). Entra na web http://www.minocamanontoppo.com (sección audios). O Sacrum Convivium de Pergolesi, Cantata BWV 158 de J. S. Bach e Stabat Mater de Pergolesi.

Seguir lendo →


Estreno de “Cisma”

2 de xan. de 2011

CM audio video
O próximo Venres 11 de Febreiro ás 20:00 na Av. La Marina Española, s/n -ETEA- 36207 (Vigo) estrearase a curtametraxe “Cisma”. En “ChisPún! Estudio” fíxose a gravación da bánda sonora. “Cisma”, unha curtametraxe de Germán Pérez, idea orixinal de Sergio Rodríguez. Con Nani Matos, dirección de producción de Jacobo M. Casal, dirección de fotografía de José Rodríguez, son de Pablo Viñas, producido por XA! Xprsion Audiovisual e dirixido por Germán Pérez. Coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Vigo e a Escola de Imaxen e Son de Vigo.

Seguir lendo →

 

Advertisements

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

%d bloggers like this: