Missa Brevis – Jacob de Haan

Missa Brevis de Jacob de Haan – Kyrie (1º Movemento)

Interpretada na Igrexa Ex-Colexiata Santa Maria de Baiona, o pasado día 14 de maio de 2017, pola Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar, Coro Miñoca ma non toppo, e a Banda de música e coral polifónica Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia.

Concerto enteiro: minocamanontoppo.com

Banda de Música “Lira” de San Miguel de Oia
Director: Juan Carlos Díaz Álvarez
Coral Polifónica “Lira” de San Miguel de Oia
Director: Jorge Fernández González
Coro Miñoca ma non toppo
Director: Ángel A. Montes Abalde
Coral Polifónica de San Lorenzo de Belesar
Director: Javier Domínguez Millán

Muiñeira do Señor Henrique

Hoxe foi un día de gravación para o que será a primeira edición das obras do mestre Henrique Otero, o gaiteiros do Fragoso. Comezamos xa fai uns meses e seguimos traballando pouco a pouco.

Muiñeira do Señor Henrique (1994) – Ramón Pazos (gaita), Jose Manuel Pazos (tambor), Marta Pazos (pandeireta) e Carlos Estévez (bombo).

RK signature

O pasado mércores 8 de xuño pasáronse por ChisPún! Estudio Miguel Rivas e Kinhos Saburido para presentar unha nova caixa feita por segmentos en madeira de nogueira coas dimensións de 14″x6″. Aquí vos deixamos o video promocional onde poderedes ver e escoitar este instrumento.

Deixamos tamén unha fotografía có músico Carlos Castro que se pasou para poder ver a caixa nese mesmo día antes da gravación.

RK.png

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: