O Apalpador chega a Vigo!

Video promocional da chegada do Apalpador á vila de Vigo.

Promoven: Promoven: Barafunda Animación, Libraría Andel, ACF O Fiadeiro, A. C. O Castro, AVC Casco Vello, Libraría Cartabón, A Mesa pola Normalización Lingüística, Projeto Educativo Semente Vigo e A Revolta Centro Social.

Promoven

“Aires de Pontevedra” – Oscar Ibáñez

IMG_1361.JPEG

Novo CD: “AIRES DE PONTEVEDRA. HOMENAXE A RICARDO PORTELA 25 ANIVERSARIO PASAMENTO” de Oscar Ibáñez, gaita orixinal de Ricardo Portela, coa colaboración á percusión de Xosé V. Ferreirós (Milladoiro), Chuco Estévez Gonzalez (E-Trad), Gonzalo Caride (artesán-músico), Wenceslao Cabezas “Polo” (Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo), Antón López “Toniño” (Treixadura), Manuel Solla (Os Cruceiros), Xosé Carlos V. Bouza e Jesús Corral Fernández (Xarabal), Miguel Souto (O Fiadeiro), Alberto Costas (PelePau), Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez (Noitarega).

Gravado, mesturado e masterizado en ChisPún! Estudio (Vigo) por Rubén Troitiño, edita e distribúe Inquedanzas Sonoras baixo licenza de Oscar Ibáñez.

Seguir lendo ““Aires de Pontevedra” – Oscar Ibáñez”

O Fiadeiro – III Premios Martín Códax da Música

Dende ChisPún! Estudio queremos dar a noraboa a tódolos finalistas dos “III Premios Martín Códax da Música”, pero en especial a O Fiadeiro por acadar esta nominación no apartado de música tradicional xunto con Davide Salvado e Xabier Díaz.

Todo un pracer traballar nas vosas útlimas publicacións: “De oficios e labores” e “A viaxe de José do Campo”. Por moitos anos de música!

XOC!

Aquí vos deixamos un avance do tema que gravaron os de XOC (A. C. Xacarandaina, A. C. F. O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos).

Dende ChisPún! Estudio queremos dar as grazas por poder participar na gravación do tema en conxunto destas tres asociacións que levan a paixón pola recuperación e divulgación da nosa música tradicional a tódolos rincóns do planeta.

Sen máis que engadir, por moitos anos de máis proxectos conxuntos.

Orquestra “O Fiadeiro” en estudio

Estamos en plena gravación da Orquestra “O Fiadeiro”, un verdadeiro luxo!

Esta formación nace polo interese da “Charanga O Fiadeiro” na recuperación das antigas orquestras tendo como referencia a Orquestra “Os Padernes” do Caurel, principalmente do seu repertorio do que se nutre dende o ano 2008. Foi en xuño de 2011 cando se presentou oficialmente este proxecto no Teatro NovaCaixaGalicia de Vigo co motivo da gravación en directo do DVD da Gala “Esta noite hai unha fia VII de oficios e labores” da A. C. F. O Fiadeiro.

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: