Missa Brevis – Jacob de Haan

Missa Brevis de Jacob de Haan – Kyrie (1º Movemento)

Interpretada na Igrexa Ex-Colexiata Santa Maria de Baiona, o pasado día 14 de maio de 2017, pola Coral Polifónica San Lorenzo de Belesar, Coro Miñoca ma non toppo, e a Banda de música e coral polifónica Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia.

Concerto enteiro: minocamanontoppo.com

Banda de Música “Lira” de San Miguel de Oia
Director: Juan Carlos Díaz Álvarez
Coral Polifónica “Lira” de San Miguel de Oia
Director: Jorge Fernández González
Coro Miñoca ma non toppo
Director: Ángel A. Montes Abalde
Coral Polifónica de San Lorenzo de Belesar
Director: Javier Domínguez Millán

O vivir en Vigo – Pelepau

O pasado sábado 8 de xullo celebrouse o festival Costa dos Castros – Festival cultural de música e patrimonio onde participou o grupo Pelepau.

Deixamos un video que mostra o traballo que realiza este grupo.

Heiche de contar un conto – As Lingoreteiras

Moi boas! Despois da gravación en audio do grupo As Lingoreteiras do Colexio Possumus en Vigo, hoxe queremos presentar un video que fixeron en base á canción gravada. Moita música tradicional galega!

Participaron nestra gravación: Zaira R. Moreira, Julia Nogueira, Iria Gorrita, Paula Bosch, Eva Collazo, Sofia Silva, Eva L. Pereira, Marina Collarte, Loli Gómez e Lorenzo Pérez.

O Fiadeiro – III Premios Martín Códax da Música

Dende ChisPún! Estudio queremos dar a noraboa a tódolos finalistas dos “III Premios Martín Códax da Música”, pero en especial a O Fiadeiro por acadar esta nominación no apartado de música tradicional xunto con Davide Salvado e Xabier Díaz.

Todo un pracer traballar nas vosas útlimas publicacións: “De oficios e labores” e “A viaxe de José do Campo”. Por moitos anos de música!

Magdalena Argibay – pianista/compositora

O pasado xoves 20 de xuño desprazámonos ata o Conservatorio Superior de Música de Vigo para gravar á pianista e compositora Magdalena Argibay xunto coa soprano Teresa Novoa.
A pontevedresa Magdalena Argibay, estudante de composición e piano no mesmo centro, musicalizou varios poemas de autores coñecidos coma Curros Enriquez ou Antonio Machado.

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: