Cristian Silva, músico sobradamente coñecido no múndo da música tradicional, presenta este conxunto de 20 pezas para gaita galega (+1), compostas e gravadas polo propio gaiteiro carrilense. Ton e Son Editorial dalle forma a esta publicación en formato libro/CD, tercceira da colección. Están incluídas as transcricións das pezas para dúo, tío de gaitas e solista. Moitas delas inclúen os cifrados para ser acompañadas con outro tipo de instrumentación.
Korporis GYM – Inauguración
O pasado sábado 16 de setembro estivemos en Boiro na inauguración de Korporis GYM, un novo ximnasio na zona do Barbanza. Nel atopamos a un dos donos, Kike García, subcampeón de España de Fitness e Fisicoculturismo.
Compartimos con todos vós un video que fixemos ese día.
Korporis GYM – Centro Fitness de referencia no Barbanza. Clases dirixidas, atención personalizada e maquinaria exclusiva.
by Kike García
C/ Cimadevila nº 18 – Bajo (Boiro)
http://www.korporis.es
RK signature
O pasado mércores 8 de xuño pasáronse por ChisPún! Estudio Miguel Rivas e Kinhos Saburido para presentar unha nova caixa feita por segmentos en madeira de nogueira coas dimensións de 14″x6″. Aquí vos deixamos o video promocional onde poderedes ver e escoitar este instrumento.
Deixamos tamén unha fotografía có músico Carlos Castro que se pasou para poder ver a caixa nese mesmo día antes da gravación.
Insogaita en ChisPún! Estudio
Queremos anunciar que empezamos coa gravación do video promocional da “Insogaita”, saco especial para a insonorización de gaita galega.
Dentro de moi pouco xa o teremos a vosa disposición na nosa canle de youtube, xa vos informaremos de tódalas novas!