“Aires de Pontevedra” – Oscar Ibáñez

IMG_1361.JPEG

Novo CD: “AIRES DE PONTEVEDRA. HOMENAXE A RICARDO PORTELA 25 ANIVERSARIO PASAMENTO” de Oscar Ibáñez, gaita orixinal de Ricardo Portela, coa colaboración á percusión de Xosé V. Ferreirós (Milladoiro), Chuco Estévez Gonzalez (E-Trad), Gonzalo Caride (artesán-músico), Wenceslao Cabezas “Polo” (Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo), Antón López “Toniño” (Treixadura), Manuel Solla (Os Cruceiros), Xosé Carlos V. Bouza e Jesús Corral Fernández (Xarabal), Miguel Souto (O Fiadeiro), Alberto Costas (PelePau), Manuel Alonso e Xosé María Gutiérrez (Noitarega).

Gravado, mesturado e masterizado en ChisPún! Estudio (Vigo) por Rubén Troitiño, edita e distribúe Inquedanzas Sonoras baixo licenza de Oscar Ibáñez.

Seguir lendo ““Aires de Pontevedra” – Oscar Ibáñez”

Orquestra “O Fiadeiro” en estudio

Estamos en plena gravación da Orquestra “O Fiadeiro”, un verdadeiro luxo!

Esta formación nace polo interese da “Charanga O Fiadeiro” na recuperación das antigas orquestras tendo como referencia a Orquestra “Os Padernes” do Caurel, principalmente do seu repertorio do que se nutre dende o ano 2008. Foi en xuño de 2011 cando se presentou oficialmente este proxecto no Teatro NovaCaixaGalicia de Vigo co motivo da gravación en directo do DVD da Gala “Esta noite hai unha fia VII de oficios e labores” da A. C. F. O Fiadeiro.

Create a website or blog at WordPress.com

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: